O Verán Cultural de Zas leva “Contos que foron chistes” ás Torres do Allo

1 minutes read

O humor será a base do espectáculo que ofrecerá este domingo, 11 de xullo, a partir das 20:30 horas o monologuista Avelino González. Baixo o título “Contos que foron chistes” arrincaranos unhas risas e convidaranos á reflexión con historias doutras épocas.

Esta é unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza previamente en calquera dos Centros Socioculturais municipais ou a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).

Un pouco antes desta actuación, ás 19:30 horas, hai unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane – interpretados por Os Quinquilláns, farannos un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do enderezo electrónico info@torresdoallo.gal ou no propio pazo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?