«O verán no mar», o novo programa de actividades do Concello de Malpica

1 minutes read
  • As inscricións poderán formalizarse a partir deste xoves 25 de xuño

O Concello malpicán convida á rapazada a ser partícipe nas actividades ‘O verán no mar’, entre as que se destacan o surf, kaiak e paddle-surf. Haberá tres xornadas, que comezarán polo 1, 2 e 3 de xullo.

Están pensadas para idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, e haberá dúas quendas, con 10 prazas cada unha, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Esta poderá formalizarse no Concello a partir do xoves 25 de xuño e ata o xoves da semana anterior á celebración do mesmo.

Cabe destacar que a segunda quenda terá lugar os días 8,9 e 10 de xullo, e a terceira quenda os días 15,16 e 17 de xullo. Para a realización das actividades seguirase o protocolo específico da COVID-19.