O ‘Vimiletras’ celebrarase o 15 de maio con teatro, inchables e moita animación

Cantaxoga, de Migallas Teatro_Web

  • Desenvolverase pola tarde, a partir das 17.00 horas, na Praza do Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo anunciou este venres o programa da Festa das Vimiletras, prevista para o 15 de maio na Praza do Concello. Das 17.00 ás 21.00 horas a veciñanza poderán gozar de inchables, animación, música, teatro e mesmo obradoiros de tatuaxes e globoflexia.

Un dos pratos fortes será o Cantaxoga, de Migallas Teatro. Trátase dun espectáculo de teatro e música onde os protagonistas, acompañados por unha banda de pulgas, interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo mentres realizan pezas de vídeo cómicas relacionadas cos contidos das cancións.

Desde o goberno local sinalan que, entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade «demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais, desde o rock ata a cumbia, pasando pola rumba ou o reaggae».