Desde o vindeiro luns 5 de maio un servizo de autobús entre Corme, en Ponteceso, e Carballo, adiántase para ampliar a marxe de tempo coa que chega o alumnado que estuda no IES Monte Neme.
En concreto, adiántase dez minutos o horario servizo da ruta Carballo E.A.-Coristanco- Corme Porto que sae de Corme ás 07,20 horas de luns a venres laborables e que a partir da próxima semana pasará ás 07,10 horas, chegando á estación de autobuses de Carballo antes das 08,20 horas.
A Dirección Xeral de Mobilidade atende con este axuste as peticións das familias do alumnado do IES Monte Neme de Carballo trasladadas polo Concello de Ponteceso. Esta modificación facilitará que o estudantado usuario do servizo de autobús residente en Ponteceso, Malpica ou Coristanco dispoña de máis tempo para chegar ao instituto desde a estación ao comezo das clases da mañá.
A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.