34
As forzas da orde están aumentando a vixilancia sobre o uso da máscara e a prohibición de fumar a menos de dous metros doutras persoas. A policía local da Coruña puxo este venres 49 denuncias por incumprir estas normas. Na cidade hai transmisión comunitaria pero non se sabe o grao, e o incremento de probas é tamén unha axuda para determinalo. Máis da metade dos casos activos de coronavirus en Galicia corresponden a esta área sanitaria da Coruña-Cee. As autoridades están organizándose para facer máis probas PCR co propósito de chegar ás 1.200. Ademais estúdase como facer un cribado aleatorio a coruñeses dos tramos de idade con maior incidencia do virus.