O Viveiro de Empresas de Cerceda acolle a formación de competencias dixitais básicas

Viveiro cerceda

O Viveiro de Empresas de Cerceda acolle a formación de competencias dixitais básicas e o módulo de formación para a igualdade, no que participan un total de dezaséis alumnas ata o 12 de decembro.

A iniciativa ‘Muller Dixital’ ten como obxectivo levar a cabo accións formativas para a adquisición de competencias dixitais para mulleres en situación de desemprego ou en mellora de emprego.

En total, ambos módulos suponen unha formación de 45 horas desde que comezase, o pasado 23 de novembro. Está tendo unha boa acollida en canto a inscricións e desde o Concello agárdase que sexa proveitosa para todas as asistentes.