O viveiro de empresas de Cerceda acolleu unha xornada sobre ciberseguridade


O viveiro de empresas do Concello de Cerceda acolleu a xornada “Ciberseguridade: protéxete fronte ás ameazas de Internet” impulsada pola Cámara de Comercio. O subdirector, Carlos Fernández, e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, abriron a mesma.

O obxectivo fundamental deste faladoiro foi que as persoas participantes aprendesen ferramentas sinxelas para protexer a súa información persoal e comercial.

Os ciberataques están á orde do día e implican a perda de millóns de euros para as empresas. Tras o Estado de Alarma, convertéronse nunha crecente ameaza polo novo modelo de vida laboral e económica a causa da pandemia.