O volcán Cumbre Vieja relaxa a súa actividade nunha sexta xornada

1 minutes read

Cunha moi leve desgasificación amencía este sábado o volcán da Palma. Un dos sinais de que a erupción toca ao seu fin segundo os vulcanólogos. Outros indicios que apuntaban este venres son: o tremor que se atopa a nivel de ruído de fondo ou a baixa sismicidade. Este domingo rexistraríase a sexta xornada de parón. De seguir así outros seis días os científicos augurarían o principio do fin da erupción. De momento non se descarta un novo repunte na actividade. Os responsables do Plan de Emerxencias por Risco Volcánico de Canarias (Pevolca) sinalaron que se manteñen os indicios de que a erupción volcánica en Cumbre Vieja terminou. Pola súa banda a portavoz científica do Pevolca, María José Blanco, considerou que esta afirmación é compatible co prazo para dar por finalizada a erupción que piden os científicos, ao que lle restan seis días aínda, e ratificou que «agora mesmo non hai actividade volcánica. A erupción está detida».