O volcán Etna volve espertar á illa de Sicilia

Fonte: Euronews

O volcán Etna volveu a cuspir ríos de lava pasadas as 3 da madrugada, ao abrirse dúas brechas no cráter. Antes da explosión, xa se produciron varias actividades sísmicas ao longo da tarde de onte en varios puntos da illa italiana de Sicilia.

Segundo os expertos esta nova actividade non constitúe perigo para os núcleos de poboación e tampouco afecta o aeroporto de Catania.

O Etna, de máis de 3.300 metros de altura, adoita crear este tipo de situacións polo menos 2 ou 3 veces ao ano, mantendo en alerta a todos os habitantes da illa. A última gran erupción deste volcán foi en 1992.

Preme aquí para ver o vídeo da explosión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha