A Confraría de Pescadores de Camelle e Mar de Fábula, contando coa colaboración da asociación Naufraxios Galegos, teñen previsto levar adiante unha limpeza de fondos no porto de Camelle o vindeiro domingo 29 de marzo, ás 10.30 horas, para retirar toda sorte de refugallos que se teñen depositado no leito mariño, a carón do peirao, ao longo de moitos anos.
Para completar o traballo dos mergulladores que van apañar o lixo do fango, os organizadores piden a colaboración de persoas voluntarias da veciñanza de Camelle ou de fóra, para axudar en terra ao traslado, caracterización e depósito do lixo mariño, sobre todo plásticos.
A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes das 20.00 horas do sábado, 28 de marzo, no correo electrónico info@mardefabula.gal ou no teléfono 608609042.
‘O porto de Camelle e o seu mar son o corazón desta singular vila mariñeira e lugar no que se desenvolve unha intensa vida social. Conservémolo limpo por razóns de saúde pública, autoestima colectiva e respecto mutuo’, conclúen desde Mar de Fábula, quenes contarán tamén co apoio de Carpinteria Fuentes S.C. de Camelle, Portos de de Galicia e do Concello de Camariñas.