Ponteceso xogábase este xoves en Pleno a aprobación do Plan de Obras e Servizos – POS+2022-. Cando parecía que o PP e APIN estaban de acordo, a cousa torceuse, o representante de APIN José Manuel Pose Verdes foi expulsado da sesión tras ser chamado tres veces a orde polo alcalde, isto non variou o sentido do voto, pero si o resultado. Polo tanto houbo unha votación descafeinada que terminou cun empate técnico a seis votos -3 do PSOE, 2 de PP e 1 de APIN- houbo unha segunda votación e tras un novo empate decidiu o voto de calidade do alcalde, polo que o POS+2022 quedaría finalmente aprobado. O alcalde, Lois García Carballido, mostrouse «agradecido» e «moi satisfeito» polos apoios recibidos de tres concelleiros da oposición, considerando que o pobo de Ponteceso » merece ter o POS».