‘O voto do BNG hai que gañalo e, para iso, hai que cumprir con Galiza’, di Pontón

Na súa intervención no Consello Nacional do BNG, a súa voceira nacional, Ana Pontón, reivindicou este sábado a formación nacionalista como cabeza do cambio en Galicia nas eleccións do próximo ano e advertiulle ao PSOE e a Pedro Sánchez que o voto do BNG «hai que gañalo». Segundo dixo, a súa formación está centrada en defender os intereses de Galicia «ante un goberno do PP» na Xunta «de brazos caídos, desnortado e supeditado a Madrid». Tamén criticou que estea situado «no lado equivocado da historia», como demostra a súa negativa a apoiar o uso do galego no Congreso e «negando a realidade dun Estado plurilingüe, pluricultural e plurinacional». Pontón amosouse convencida de que comezou «a conta atrás para o cambio» en Galicia e demandou un novo financiamento para que Galicia teña «o que lle corresponde».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha