O Partido Popular conseguiría arrebatarlle un escano ao PSOE en Madrid grazas ao voto CERA (dos españois residentes no estranxeiro), segundo confirmaron fontes de Ferraz este venres. Desta forma, os populares obterían 137 asentos no Congreso dos Deputados, fronte aos 121 dos socialistas, polo momento, a falta de que este sábado a Xunta Electoral Provincial confirme o resultado
«A falta de confirmación oficial, o posible cambio dun escano en Madrid polo reconto do voto CERA non modifica a situación para formar maiorías: Junts terá que decidir se une as súas forzas a PP e VOX, e abre a porta a un goberno da dereita coa ultradereita ou se une ao resto de forzas políticas para evitalo exactamente igual que onte», transmitiron desde o partido de Pedro Sánchez.
O PP conseguiría o último escano do PSOE por Madrid e o exdiputado de UPN, Carlos García Adanero, entraría no Congreso, á conta do exalcalde socialista de Alcalá de Henares, Javier Rodríguez Palacios, que xa non sería deputado.