O voto por correo aumentou nun oitenta por cento o 12X

1 minutes read

O voto por correo, foi a opción escollida neste proceso electoral por máis de 72 mil galegos, segundo os datos provisionais facilitados por Correos. Este rexistro supón a cifra máis alta de participación mediante esta modalidade dende que existen comicios autonómicos en Galicia e implica un incremento dun 80 por cento con respecto ás eleccións de 2016. Os votos entréganse nas colexios electorais e quedan baixo a tutela do presidente da mesa ata o seu reconto. O voto emitido por correo conta coas mesma garantías que o depositado presencialmente. Por mor da pandemia, a Xunta Electoral facilitou este ano a posibilidade de solicitalo de xeito telemático así como entregárllelo directamente aos carteiros.