O Xacobeo protagoniza dúas presentacións en Roma e Milán para internacionalizar a celebración


O Palacio de Exposicións de Roma acolleu esta primeira presentación nun acto no que participaron o Embaixador de España en Roma, Alfonso Dastis, o conselleiro de Turismo en Roma, Jorge Rubio e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ademais de empresarios turísticos italianos e prensa especializada. De xeito previo á presentación oficial do Xacobeo 21-22, celebrouse neste mesmo espazo un workshop entre empresas galegas de turoperación e preto dun cento de operadores turísticos italianos co obxectivo de establecer novas sinerxías comerciais. O segundo acto de presentación terá lugar este xoves en Milán.