O xefe de Costas de Galicia visita Malpica

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Ángel Garrido, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, para tratar varios temas importantes para a costa, como os accesos ás praias, as terrazas… Destacaron a amabilidade e boa predisposición de Eimil, durante unha reunión que cualificaron como proveitosa.