O Xefe territorial de Educación visitou os colexios da Laracha e Paiosaco

1 minutes read

Indalecio Cabana, interesouse polas últimas intervencións levadas a cabo neses centros e analizou xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, e as comunidades educativas as actuacións a desenvolver no futuro.

No CEIP Otero Pedrayo coñeceu a nova biblioteca trala súa reestruturación, proxecto que foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Concello e o propio centro.

Indalecio Cabana tamén se interesou polo procedemento de expropiación dos terreos afectados pola segunda fase de ampliación dos equipamentos deste colexio que se atopa actualmente en trámite.

No CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco a Xunta realizará unha intervención para mellorar as condicións da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios do colexio. Ademais, revisouse o estado actual do peche.

Na anterior visita de traballo do xefe territorial de Educación ao Concello da Laracha, tratárase a necesidade de completar a mellora do peche perimetral do CEIP de Caión no último tramo no que resta por intervir despois da rehabilitación realizada polo Concello e pola Consellería de Educación no sector do acceso principal e tamén no que bordea a pista polideportiva e o parque infantil.