O Xestal será lembrado cunha escultura de madeira na parroquia carballesa de Lema

1 minutes read

Entre as numerosas actividades que se están a levar a cabo en Carballo neste Ano do Xestal, dentro do programa Eu quero Razo-Baldaio vén de rematarse a elaboración dunha escultura de Carlos Díaz Gestal realizada polo coñecido artista Yosi, que leva facendo tallas de madeira con motoserra desde o ano 2008 e atesourando numerosos premios polo seu excelente traballo.

A elaboración da escultura, para a que se utilizou un tronco de 80 centímetros de diámetro e dous metros de alto, espertou moita expectación. O tronco foi doado por un veciño de Pardiñas, que quixo amosar deste xeito o seu recoñecemento e aprezo polo Xestal. Yosi estivo traballando durante os tres últimos días en Razo, a parroquia onde repousan os restos do Xestal, pero a escultura terá o seu emprazamento definitivo na veciña parroquia de Lema, onde Carlos Díaz viviu durante vinte anos. O acto de inauguración levarase a cabo o 8 de agosto, coincidindo co 90º aniversario do seu nacemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?