O XII Magosto e Mostra de Artesanía de Laxe será finalmente o 25 de novembro

1 minutes read

O XII Magosto e Mostra de Artesanía de Laxe será finalmente o 25 de novembro de 2023. A festividade tivera que ser aprazada por mor das malas condicións meteorolóxicas. O evento celebrarase no Pavillón Polideportivo municipal e dará comezo a partir das 17:30 horas.

Tal e como estaba programado, haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes. Porén, por motivos alleos ao Concello, non se poderá realizar o espectáculo ‘Xogos do Paporrubio’, subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Deste xeito, a súa actuación terá lugar o domingo 17 de decembro. Ademais, ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho.

Desde o goberno local do Concello de Laxe animan a participar nesta xornada outonal e a gozar desta actividade tradicional no municipio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?