O ximnasio municipal de Baio abriu as súas portas

1 minutes read

Este sábado tivo lugar o acto de posta en funcionamento do primeiro ximnasio municipal do Concello de Zas que está ubicado no pavillón de Baio. Con este novo servizo que se pon a disposición de toda a veciñanza, o equipo de goberno municipal dá un paso máis no fomento e na promoción do deporte.

O Concello de Zas fixo un investimento de 200.000 euros na reforma do pavillón municipal de Baio e na adquisición do material deportivo co que está equipado o ximnasio. Tal e como sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, no acto de presentación que tivo lugar este sábado. 

O uso das instalacións é gratuíto ata o 30 de xuño e as persoas interesadas en utilizalas deben completar a ficha a inscrición e entregala no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio. A día de hoxe xa hai máis de 100 persoas inscritas.