38
Primeiro partido da segunda volta o disputado este sábado en Vigo, aínda que o partido non arrincou ben para os carballeses que chegaron ao descanso perdendo por dous tantos contra un fráxil Lavadores, último clasificado da categoría. O Calvo Xiria logrou na segunda metade consolidar o seu mellor xogo e darlle a volta ao marcador, chegando ao toque da bucina cun resultado favorable de 25-28.