O xornalista da CRTVG Kiko Novoa denuncia a CCOO por recriminarlle “vexacións contra unha bolseira”

A central sindical Comisións Obreiras na CRTVG vén de informar nun comunicado que o xornalista da CRTVG Kiko Novoa, director do Galicia por Diante da Radio Galega, decidiu denunciar ao sindicato. Esta acción do xornalista, segundo informa a central, prodúcese despois de que Comisións Obreiras emitise unha circular na que acusa a Novoa de “trato vexatorio” cara unha traballadora bolseira á que lle dixo: “estás cobrando o mesmo por dicilo unha vez que por dúas, así que imos explotarte”. Polo de agora, ningún cargo da CRTVG deu explicacións polo sucedido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha