38
O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge citou como investigados/imputados, o 10 de outubro, ao exseleccionador de fútbol Jorge Vilda e aos directores da Selección masculina, Albert Luque, e de Marketing da RFEF, Rubén Rivera, na causa que se segue polo bico de Luís Rubiales á xogadora Jennifer Hermoso na final do pasado mundial. Respecto a estes dous últimos, o maxistrado cámbialles a condición de testemuñas a investigados. Esta decisión do maxistrado chega despois de que este luns o irmán de Jennifer Hermoso asegurase en sede xudicial que Vilda presionoulle polo bico propinado por Rubiales á súa irmá. Tanto el como unha amiga da xogadora ratificaron ademais que o bico non foi consentido.