46
Os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Madrid permitirán a Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí presentarse ás eleccións europeas. Tumba, deste xeito a decisión da Xunta Electoral Central de vetar a súa candidatura. Fíxoo só despois de solicitar o criterio da Fiscalía, que informou a favor de que se permitise aos tres políticos fuxidos en Bruxelas concorrer, e de que cinco maxistrados do Supremo indicaran que, a pesar de non ser competentes, na súa opinión, poden ser candidatos.