O xuíz da Audiencia Nacional imputa a Marta Rovira, secretaria xeral de ERC, e ao expresidente catalán Carles Puigdemont na causa por terrorismo de ‘Tsunami Democratic’. O titular do Xulgado Central de Instrución Número 6 adopta esta decisión despois de que a Garda Civil lle entregase un informe no que coloca a Rovira no centro do movemento ‘Tsunami Democratic’.
O informe da Garda Civil sostén que Marta Rovira é “con moita probabilidade” a usuaria da aplicación de mensaxería cifrada ‘Threema’ que actuaba baixo o pseudónimo de ‘Matagalls’ e que tiña “un coñecemento previo de, polo menos, certas accións da plataforma”.
O xuíz asegura que existen “elementos suficientes para considerar que os feitos poderían encaixar no delito de terrorismo”.