A familia Franco debe devolver o Pazo de Meirás o 10 de decembro

1 minutes read

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña acordou, a pedimento do Estado, a execución provisional da sentenza que declara que o Pazo de Meirás é propiedade pública e por iso ordena á familia Franco a súa devolución o próximo 10 de decembro.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informan da decisión da maxistrada, que fixou a entrega voluntaria do inmoble polos herdeiros do ditador ás 11:00 horas ante unha comisión xudicial por motivos de seguridade e para preservar a súa integridade.

Os demandados mostráronse conformes coa execución provisional da sentencia pero, engaden as fontes, se non realizan a entrega no día e hora sinalados a xuíza avisa de que «se procederá no mesmo acto ao inmediato desaloxo».