O Xulgado valida a constitución da Área Metropolitana de Vigo e a presidencia de Abel Caballero


O alcalde analizou o contido da sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, ante a denuncia interposta pola Xunta de Galicia, que na súa páxina número oito declara que “o recurso é inadmisible respecto da convocatoria e celebración da sesión constitutiva da asemblea”. O xuíz avala a posición do Concello contra o criterio da Xunta: “A convocatoria e celebración da sesión constitutiva da Área Metropolitana, a constitución da súa asemblea e a elección do seu presidente foron válidos”. Caballero recordou que o presidente da mesa de idade na sesión constitutiva, o por entón alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, intentou suspendela e tanto el como os alcaldes e concelleiros do Partido Popular abandonaron o acto, nun “golpe de man” do PP.