O xurado declara culpable de asasinato a Ana Julia Quezada


  • O xurado popular considera que matou ao pequeno Gabriel de forma intencionada

Este xoves o xurado popular encargado de xulgar a Ana Julia Quezada polo asasinato de Gabriel Cruz o pasado 27 de febreiro do 2018, considerouna culpable de matar ao pequeno de 8 anos con aleivosía, de forma súbita e intencionada.

“Os membros do xurado por unanimidade atopamos á acusada culpable do feito delituoso de quitar a vida voluntariamente de forma sorpresiva e sen posibilidade de defensa e reacción por parte do menor”, sinala o veredicto, que se leu publicamente na Audiencia Provincial de Almería fronte á propia acusada.

Tamén sinalaron que debido á relación que Quezada mantiña co pai do menor, este confiaba nela, polo que “non tivo posibilidade de defenderse nin de reaccionar”.

Ana Julia Quezada foi condenada á prisión permanente revisable, tal e como xa pedía a Fiscalía.