O xurado declara culpable de asasinato a Ana Julia Quezada

  • O xurado popular considera que matou ao pequeno Gabriel de forma intencionada

Este xoves o xurado popular encargado de xulgar a Ana Julia Quezada polo asasinato de Gabriel Cruz o pasado 27 de febreiro do 2018, considerouna culpable de matar ao pequeno de 8 anos con aleivosía, de forma súbita e intencionada.

«Os membros do xurado por unanimidade atopamos á acusada culpable do feito delituoso de quitar a vida voluntariamente de forma sorpresiva e sen posibilidade de defensa e reacción por parte do menor», sinala o veredicto, que se leu publicamente na Audiencia Provincial de Almería fronte á propia acusada.

Tamén sinalaron que debido á relación que Quezada mantiña co pai do menor, este confiaba nela, polo que «non tivo posibilidade de defenderse nin de reaccionar».

Ana Julia Quezada foi condenada á prisión permanente revisable, tal e como xa pedía a Fiscalía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha