O xurado do triplo crime de Valga declara culpable por unanimidade ao acusado

triplo crime de Valga

O xurado popular encargado de dirimir a culpabilidade de José Luis Abet, acusado de asasinar á súa exesposa, á súa excuñada e á súa exsogra en Valga (Pontevedra) no ano 2019, considerou, por unanimidade, que o único procesado é culpable dos crimes. Na lectura do veredicto na noite deste martes na Audiencia Provincial, o tribunal cidadán considerou que matou as tres de maneira intencionada e tamén viron responsabilidade clara do procesado nas lesións psíquicas aos dous fillos da extinta parella, os cales presenciaron a matanza, e na tenencia ilícita de armas.