O XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas xa ten gañadora: Andrea Fernández Maneiro

1 minutes read
  • A entrega do premio tivo lugar durante a celebración da Cea das Letras 2021, na Casa da Cultura de Seaia

Este sábado celebrouse en Malpica a Cea das Letras 2021, un encontro gastronómico e cultural ao que acudiron numerosos persoeiros e no que se deu a coñecer á gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, que este ano recaeu en Andrea Fernández Maneiro pola súa obra Edénicas. O xurado elixiu por unanimidade este traballo polo seu «sutil erotismo e a súa luz poética».

No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura de Seaia, tamén se presentou o libro Na república da intimidade, de Ricardo Seixo. A olaría de Buño estivo moi presente tanto nos agasallos como na vaixela na que se degustaron filloas, e o toque musical estivo a cargo das cantareiras Raigañas e Farrapos.

O alcalde, Eduardo Parga, pronunciou un discurso dando todo o seu apoio á cultura.