Obradoiro de cinema práctico para a mocidade de Vimianzo este Nadal

O Concello de Vimianzo continúa coa súa aposta pola formación da mocidade e organiza un obradoiro de cinema práctico no que as persoas participantes terán a oportunidade de formar parte dun equipo de rodaxe e recrear unha escena da súa película favorita.

A actividade desenvolverase os días 22 e 23 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e está dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos. Durante a sesión traballarán con diferentes técnicas que lle permitirán achegarse ao mundo audiovisual dunha maneira práctica e divertida.

O obradoiro será impartido por A Furna Coop e ten un prezo de 30 euros. As preinscricións poden realizarse na Casa da Cultura ata o 15 de decembro.

Related posts

Portos traslada á confraría e o club marítimo de Corcubión os avances no estudio ambiental do porto mixto

Conclúe a reforma da cantina do campo do Cairo, en Corme

O BNG reúnese con mergulladores de Fisterra para dar conta do traballo realizado en defensa do sector