34
- Será o sábado, 5 de febreiro, nas instalacións de Viveiros Amado
O Concello da Laracha organiza un obradoiro de poda e enxerto de árbores froiteiras para o próximo sábado, 5 de febreiro. Será pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas, nas instalacións de Viveiros Amado, situadas no lugar de A Braña Grande (parroquia de Cabovilaño).
As inscricións son gratuítas, xa están abertas e deben formalizarse acudindo ao Concello ou chamando ao 981605001. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Os únicos requisitos para poder anotarse son estar empadroado no termo municipal da Laracha e ser maior de idade.