33
- O primeiro curso será os sábados 5 e 12. As matrículas deben formalizarse no Concello
O Concello de Vimianzo impulsa unha xornada de talleres de poda ante o «alto interese que suscitou esta actividade cando se comezou a organizar», destacan desde o goberno local. Así, para esta edición contémplanse dous grupos con 40 prazas dispoñibles en total.
O primeiro curso celebrarase os sábados 5 e 12 de febreiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas; o segundo os días 19 e 26 deste mes, co mesmo horario. As inscricións poderán formalizarse no Concello ou chamando ao 981 71 60 01. Terán prioridade as persoas que quedaran na listaxe de agarda no curso anterior. É imprescindible levar tesoira de poda.