- O taller será impartido por Antonio Rial Bouqueta, doutor en Psicoloxía Social, quen achegará as claves para educar na era dixital
O Concello de Ponteceso colabora na organización do Obradoiro sobre Tecnoloxía, Convivencia e Adicións destinado a docentes e familias que se celebrará este venres, 21 de abril, no IES Eduardo Pondal. Os interesados en asistir a este encontro deben solicitar praza en convenciaponteceso@gmail.com. O obradoiro desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas.
O taller será impartido por Antonio Rial Bouqueta, doutor en Psicoloxía Social e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, quen achegará aos usuarios as claves para educar na era dixital.