Obradoiro na Laracha para coidadoras de persoas dependentes

PIXABAY

O Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán na Laracha un obradoiro concibido como un recurso de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (emocional, formativo, de activación persoal e social) que pretende ser un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia. Deste xeito contribuirase a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras e a promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables. Na metodoloxía do obradoiro primarán as actividades grupais dirixidas a reforzar as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación.

A formación en materia de autocoidado, xestión emocional, habilidades de comunicación, autoestima, pretenden que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentarase o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.

A formación comeza o 10 de outubro. Cada xoves haberá sesións de dúas horas de duración cada unha (10:30 a 12:30 horas) ata o día 12 de decembro.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais (edificio administrativo). A data límite é o 7 de outubro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha