34
- Están a desenvolverse no CEIP Eduardo Pondal
Con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado este pasado 8 de marzo, o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso participa nuns obradoiros de igualdade baixo o nome Cambiando o conto. O próximo mércores tocaralle ao alumnado de 6º.
Os talleres son gratuítos e están organizados polo Concello e a asociación Visibles dentro do programa A Xeración da Igualdade.