Obradoiros relacionados co 8M en Baíñas, Vimianzo

O alumnado de educación primaria do CEIP Baíñas participou este luns nuns obradoiros relacionados co 8M. A proposta desa xornada foi moi similar á celebrada o pasado xoves no CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo.

A técnica de Igualdade municipal, Xiomara Lazo, volveu a ser a encargada de impartir estas actividades que vertebraron sobre o papel da muller na sociedade e os referentes femininos en ámbitos como o académico, o científico ou o da innovación. Todo isto, a través de actividades relacionadas coa pintura, os xogos, o visionado de vídeos ou a realización de entrevistas. 

Destacaron tamén os debates sobre a inclusión e o interese das nenas nas profesións STEM, aquelas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas; así como sobre a figura da muller rural e a fenda de xénero dixital, ademais da preservación do medio ambiente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha