O alumnado de educación primaria do CEIP Plurilingüe CEIP San Vicenzo realizou este xoves varios obradoiros relacionados co 8M. A técnica de Igualdade municipal, Xiomara Lazo, foi a encargada de impartir estas actividades que vertebraron sobre o papel da muller na sociedade e os referentes femininos en ámbitos como o académico, o científico ou a da innovación. O alumnado tamén indagou sobre os dereitos alcanzados polas mulleres ao longo da historia e debatiu sobre as carreiras ou ciclos que, a nivel sociocultural, sempre estiveron máis arraigadas ao xénero masculino. Durante os obradoiros tamén se falou sobre a muller rural e a fenda de xénero dixital, ademais da preservación do medio ambiente. Estas formación continuarán durante a próxima semana no CEIP Baíñas.