Obradoiros sobre o uso do teléfono móbil na Laracha para maiores de 55 anos

Imaxe de arquivo do Mobile Barcelona 21

  • Esa iniciativa forma parte do programa municipal de actividades de envellecemento activo

O Concello da Laracha abre este mércores o prazo de inscrición para os obradoiros sobre o manexo dos teléfonos móbiles intelixentes dirixidos a persoas de máis de 55 anos. Con esta iniciativa o goberno local busca axudar ao público adulto e ao colectivo da terceira idade a desenvolverse coas novas tecnoloxías, para que poidan realizar trámites coas administracións, solicitar citas médicas ou sacarlle proveito aos seus teléfonos móbiles.

Cada obradoiro constará de catro sesións de hora e media de duración cada unha a impartir en horario de 9:45 a 11:15 horas. A relación de parroquias e datas nas que se levarán a cabo é a seguinte: centro sociocultural de Vilaño (3, 7, 9 e 11 de marzo, Museos dos Muíños de Golmar (4, 8, 10 e 14 de marzo), centro social de Caión (15, 17, 21 e 23 de marzo), Lendo (16, 18, 22, e 24 de marzo), escola da Fraga en Soandres 25, 28, 30 de marzo e 1 de abril), Erboedo (29 e 31 de marzo, 5 e 7 de abril), escola de Cumiáns en Montemaior (4, 6, 8 e 11 de abril), Cabovilaño (18, 20, 22, e 25 de abril), Soutullo (19, 21, 26, e 28 de abril), Coiro (27 e 29 de abril, 2 e 4 de maio), servizos múltiples da Laracha (1ª quenda: 3, 5, 9 e 11 de maio; 2ª quenda: 19, 23, 25, e 27 de maio), Lemaio (6, 10, 12 e 16 de maio) e centro sociocultural de Paiosaco (1ª quenda: 13, 18, 20 e 24 de maio; 2ª quenda: 26 e 30 maio , 1 e 3 xuño).

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse no departamento de servizos sociais acudindo ao edificio administrativo do Concello ou chamando ao 981612811. Ao longo deste ano o goberno local ten previsto poñer en marcha outras propostas como obradoiros de autocoidado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha