Os traballos céntranse na sinalización de dous cruzamentos da vía autonómica nos puntos quilométricos 6,3 e 6,6, executándose, ademais, no segundo deles un treito de senda de 10 metros de lonxitude. Trátase de actuacións deseñadas para reforzar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, como son os peregrinos. Estas intervencións inclúen a mellora da sinalización, coa disposición de novos sinais reflectores e con indicacións relativas ao Camiño de Santiago. Nesta estrada AC-445 xa se levaron a cabo actuacións en Corcubión, onde se habilitou un pequeno itinerario para os peregrinos, e no concello de Fisterra, nun tramo de 400 metros que discorre paralelo á praia de Talón. Tamén nesta vía que que une Fisterra e Cee, desenvolvéronse estes traballos de mellora de seguridade viaria no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 4,5 e 4,8, ao paso polos concellos de Cee e de Corcubión.