Obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo Concello de Aranga


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo Concello de Aranga. Esta intervención, que foi adxudicada á empresa Canarga, S.L., conta cun investimento de preto de 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

Os traballos levaranse a cabo no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 3 e 4,7. As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodaxe en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope deteriorado, coa fin de resolver as deformacións que presenta a rodaxe, reforzando así a seguridade viaria.