Obras de mellora en estradas de tres parroquias da Laracha

O Concello da Laracha ten en fase de execución simultaneamente dúas actuacións de mellora da rede viaria en estradas que discorren polas parroquias de Golmar e Soutullo.

Unha delas consiste na mellora da estrada entre O Igrexario de Golmar e A Xesta (Soutullo) ao longo de 3.150 metros de distancia. Tamén inclúe a ampliación da pista de acceso ao campo da festa deste último lugar.

A outra actuación afecta a outra estrada municipal que supera os tres quilómetros de lonxitude e que comunica o lugar de O Regueiro (Golmar) con Gosende (Soutullo).

A seguinte intervención que se levará a cabo consistirá na mellora do pavimento da estrada no núcleo de San Cristovo (Golmar).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha