Obras de mellora na AC-440, no Camiño de Fisterra ao seu paso por Muxía

1 minutes read

Esta intervención estase a levar a cabo na zona correspondente co punto quilométrico 12,2 desta vía autonómica, no treito coincidente coa traza do Camiño de Santiago a Fisterra, ao seu paso polas Casas Novas, no concello de Muxía.
Os traballos consisten na execución de dous tramos de senda en ambas as marxes da estrada.
Tamén se disporán bandas transversais de alerta e reforzarase a sinalización coa fin de incrementar a seguridade neste punto.
Estas obras súmanse ás iniciadas con anterioridade tamén nesta mesma estrada, á altura do punto quilométrico 11,6.
No caso deste treito, o proxecto inclúe unha escolleira ao pé do noiro da estrada pola marxe dereita, cun treito de senda, así como a sinalización do cruzamento, incluíndo a colocación de dúas bandas transversais de alerta.