Obras de mellora nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro


Na Casa da Cultura do Milladoiro vaise dotar ao vestíbulo de entrada ao edificio dun novo alumeado. Aproveitarase para habilitar un alumeado que garanta a iluminación que é necesaria para esta zona e lle confira unha imaxe acorde coa edificación. Vaise retirar unha varanda que dificulta a visión do escenario e colocar no seu lugar unha nova de vidro, sobre un perfil continuo. Tamén se van realizar melloras nos despachos existentes no edificio e na sala de usos múltiples.

No caso da Casa de Cultura de Bertamiráns, preténdese levar a cabo varias actuacións consistentes no cambio do alumeado do auditorio, substituír todas as portas interiores por unhas novas rotuladas, ademais de reorganizar o espazo preto do escenario do auditorio executando as divisións precisas para ter un almacén.

Ambas obras serán cofinanciadas co Plan Único da Deputación da Coruña.