Observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa | Este venres en Zas

O Concello de Zas organiza unha observación astronómica dirixida a toda a familia e que se inclúe no programa de actividades municipais.  A cita será este venres, 26 de agosto, e o lugar elixido é o Dolmen da Arca da Piosa; lugar no que Eduardo Pondal situou a tumba do guerreiro Brandomil. O punto de encontro é Santa Sía de Roma ás 22:00 horas. Dende aí haberá que camiñar uns dous quilómetros ata chegar ao Dolmen da Arca da Piosa e unha vez alí, Jorge Mira guiará a observación astronómica dando todo tipo de detalles. Para participar é necesario inscribirse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 71 80 56 / 981 75 13 98 ou tamén a través do seguinte formulario: . Recoméndase levar calzado axeitado, roupa de abrigo, lanterna e esterilla. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha