Ocasión de renovar ou obter o DNI na Laracha o 23 de febreiro

Exemplo dun DNI europeo_Policía Nacional para Diario de Navarra

  • Hai 50 prazas dispoñibles e será necesario pedir cita

A Laracha é outro dos concellos aos que se desprazará o próximo mes de febreiro unha unidade móbil para obter ou renovar o DNI. O día exacto é o mércores, 23, e o horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas.

Hai 50 prazas dispoñibles que serán outorgadas por orde de inscrición. Para a reserva da cita requírese chamar ao 981612811, o teléfono do edificio administrativo da Laracha.