31
- Hai 50 prazas dispoñibles e será necesario pedir cita
A Laracha é outro dos concellos aos que se desprazará o próximo mes de febreiro unha unidade móbil para obter ou renovar o DNI. O día exacto é o mércores, 23, e o horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas.
Hai 50 prazas dispoñibles que serán outorgadas por orde de inscrición. Para a reserva da cita requírese chamar ao 981612811, o teléfono do edificio administrativo da Laracha.