O alcalde da cidade, Abel Caballero, debullou algúns dos datos da ocupación hoteleira na cidade que cualificou de “extraordinariamente alta para o mes de xaneiro”, xa que os establecementos traballaron co 50% das súas prazas ocupadas. A estadía media das persoas que visitaron Vigo sitúase en 1,7 días, sendo o 23% procedentes de Galicia, o 48% do resto de España e o 29% de procedencia internacional, entre os que destaca Portugal que suma o 66% dos visitantes internacionais. De Italia chegou o 5% dos turistas internacionais, de Francia o 3%, de Alemaña o 3% e case o 2% dos EEUU. “Seguimos tendo unha situación de afluencia hoteleira excepcional, cun turismo absolutamente desestacionalizado”, salientou Caballero.