Ofensiva israelí sobre Rafah tras fracasar o plan de tregua

O primeiro ministro, Netanyahu, ordenou preparar unha operación nesta cidade no extremo sur do territorio palestino, na fronteira con Exipto. A ONU teme que creza exponencialmente o que xa é un «pesadelo humanitario», cando o número de mortos palestinos supera os 27.800. O rexeitamento israelí do plan de paz para Gaza proposto por Hamás tensa as relacións entre EEUU e Israel, mentres Exipto busca reducir as demandas de Hamás nunha nova rolda de negociacións no Cairo. Entre tanto, Israel intensifica os bombardeos en Rafah, refuxio de centos de miles de desprazados gazatíes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha